CULTURA

O Sorriso de Daniel denuncia o abandono do mosteiro de Albeos

O Sorriso de Daniel denuncia o abandono do mosteiro de Albeos

Ante as ruinas de Albeos, a Asociación do Patrimonio Medieval, O Sorriso de Daniel decidiu presentar unha denuncia diante da Dirección Xeral de Patrimonio. Na tarde de onte formalizaron unha carta no rexistro da Xunta.

O domingo día 10 diante das ruínas do mosteiro de Albeos, no transcurso da VI Xeira Románica, o desastre no que atoparon o monumento provocou que a Asociación do Patrimonio Medieval, O Sorriso de Daniel decidise presentar unha denuncia diante da Xunta que se materializou nunha carta dirixida ao Director Xeral de Patrimonio, José Manuel Rey Pichel. 

Na carta, sinálase que as sesenta persoas que visitaron o mosteiro asitiron con "total desolación" ao "o "abandono extremo no que caeu ese edificio". Solicitan, por iso, que os técnicos de Patrimonio fagan unha inspección ao edificio para valorar a súa situación e estuden unha pos´biel intervención "encamiñada a que o propietario, cos seus propios medios ou co apoio institucional que se determine, realice as intervencións que os técnicos recomenden para salvar os restos da súa desaparición absoluta".

 A asociación de defensa e promoción do patrimonio destaca non só o valora artístico como representación da arquitectura románica deste mosteiro do concello de Crecente senón tamén o "seu papel dentro da historia de Galiza". Nas ruínas pódese apreciar unha edificación rectangular con elementos como un tímpano, dúas portas con arco de medio punto, columnas adosdas con capiteis e unha lauda. No interior distintos aspectos arquitectónicos mostran tamén a riqueza do monumento no que "no interior os veciños din que existen pezas con decoración xeométrica, zoomórfica e vexetal, que a día de hoxe son imposibles de admirar debido á abundancia de vexetación no inerior e ao perigo de derrube dos muros". 

 

 

 

 

comentarios