CULTURA

“Non contaxian pero enganchan”: Principia a Feira do Libro de Rianxo

“Non contaxian pero enganchan”: Principia a Feira do Libro de Rianxo

De quinta feira a domingo, no Campo de Arriba, organizada pola Federación de Librarías de Galiza.

Antón Pedreira atende o público da feira do libro na Alameda de Compostela (Arxina).
photo_camera Imaxe de atrquivo dunha feira do libro (Foto: Arxina).

Esta quinta feira abre as portas a Feira do Libro de Rianxo, que decorrerá até este domingo no campo de Arriba desta localidade. O pregón correrá a cargo de Xosé Ricardo Losada, profesor e escritor, rianxeiro, autor de ensaios sobre anuel Antonio e Faustino Rei Romero, así como de obras de narrativa como ‘O xene da chuvia’ ou ‘A casa xunto ao volcán’.

Ao longo destes catro días decorrerán diversas actividades, entre elas a sinatura de libros por parte d enumerosos actores: Natalia Carou, María Xesús Blanco, Abel Tomé, Maite Mosconi, Esther F. Carrodeguas, Charo Lópes...

A Federación de Librarías da Galiaa celebra este 23 de xullo o Día do Libro. Tras a suspensión da celebración deste día o 23 de abril debido ao confinamento e ao establecemento do Estado de Alarma, os libreiros decidiron lanzar esta medida para seguir impulsando este sector.

Así, faise un desconto do 10% como xa vén sendo habitual nesta efemérid.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios