luns 06.07.2020

Nace o Premio Literario “Afonso VII Rei de Galiza” para escolares

O CPI Afonso VII de Caldas de Reis aproveitou o 904 aniversario da coroación deste soberano para convocar o I Premio Literario Afonso VII Rei de Galiza para escolares de Primaria e da ESO.

Afonso VII segundo unha miniatura da Catedral de Santiago
Afonso VII segundo unha miniatura da Catedral de Santiago

Un día coma onte, 17 de setembro, de 1111 coroábase na catedral de Santiago de Compostela o novo soberano de Galiza, Afonso VII, con tan só sete anos de idade. Para recordar este acontecemento,  o Departamento de Lingua e Literatura Galega e o Equipo de Normalización Lingüística do CPI Afonso VII de Caldas de Reis convoca este galardón ao que poden presentarse alumnos e alumnas de primaria e da ESO de calquera lugar do mundo. 

O tema do premio é recrear literariamente, de forma libre e imaxinativa, o día da coroación do pequeno Afonso VII en Compostela. Segundo as bases, os traballos deben estar en lingua galega e han de ser orixinais e inéditos. Poden presentarse en prosa, verso ou en formato teatral. O prazo máximo de recepción dos traballos é o 11 de xaneiro de 2016 e os premios daranse a coñecer o 1 de marzo, con motivo do aniversario do nacemento en Caldas de Reis de Afonso VII.  

comentarios