O Museo de Lugo recolle a historia da numismática na Galiza nun libro

Outórgalle un papel principal ao 'sestercio caetra'.
Núñez Meneses, Aurora Marco, Iria Castro e Antonio Roma.
photo_camera Núñez Meneses, Aurora Marco, Iria Castro e Antonio Roma.

O Museo de Lugo, xestionado pola Vicepresidencia da Deputación, acolleu a presentación do libro De monetaria galega. Galiza e a súa moeda dende a Antigüidade ata os nosos días que pon o broche de ouro a exposición homónima que o museo exhibiu en 2023.

O volume recompila as moedas e billetes, dándolle un valor especial á súa peza máis singular, o sestercio caetra, para dimensionar ao papel desta ciencia na cultura, economía, politica e sociedade galega. A deputada de Cultura, Iria Castro, acompañou durante a presentación aos comisarios da mostra Pablo Núñez Meneses, Antonio Roma e Aurelia Balseiro, tamén directora do Museo. 

Da romanización ao presente

A numismática recollida permite coñecer a historia das moedas da Galiza. O libro divide a colección en sete partes: a romanizacións, o período de suevos e visigodos, a moeda a través do Camiño de Santiago, a Ceca Galega, a Ilustración, dos Cambios e a banca e por último fai un repaso á investigación.

Ademais do sestercio caetra reúne información de moedas áureas xermánicas do Noroeste peninsular e un billete único de Santiago de Compostela, entre outras. 

Comentarios