Unha mostra repasa a historia do Café Derby

A Concellaría de Cultura do Concello de Compostela vén de pór en marcha as visitas guiadas pola mostra, que fan máis auténtica a experiencia e estarán en funcionamento durante este mes, así como en xaneiro e febreiro. 
Un instante da inauguración da mostra na Casa do Cabildo. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Un instante da inauguración da mostra na Casa do Cabildo. (Foto: Nós Diario)

O histórico Café Derby de Compostela volve á vida a diario -desde hai unhas semanas- grazas á exposición "Memorias do Café Derby (1929-2020)" impulsada polo Consorcio de Santiago e comisariada polos historiadores Fernando Franjo e Ana Castro. A Concellaría de Cultura do Concello de Compostela vén de pór en marcha as visitas guiadas pola mostra, que fan máis auténtica a experiencia e estarán en funcionamento durante este mes, así como en xaneiro e febreiro. 

Os itinerarios guiados para coñecer os móbeis orixinais, documentos históricos, elementos da enxoval da cafetaría e demais decorren nas sextas feiras ás 18 horas e os domingos ás 12 horas na compañía do tamén xornalista Fernando Franjo ou da taxadora de antigüidades Ana Castro.

Para coñecer con eles toda a historia que garda a exposición aberta na Casa do Cabildo -que pode visitarse de forma libre de terzas a sábados de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas e os domingos de 11 a 14 horas- é preciso facer a reserva da praza, mais paga a pena tendo en conta que o Derby foi un referente cultural da cidade durante moitas décadas.

“Abriu nun momento de transformación urbanística e social de Compostela" e logrou perdurar longo tempo.

Testemuña da literatura

Ademais de permanecer na memoria de moitas xeracións de estudantes que pasaron por Compostela, nas súas mesas estiveron figuras como Castelao, Manuel María, Ricardo Carvalho Calero e Luís Seoane, entre outras. E xogou un papel no xerme da fundación do Partido Galeguista no 31.

As mulleres non puideron acceder até a metade dos anos 60, se ben tamén se integraron nas conservas intelectuais. Un dos nomes propios, por exemplo, foi Encarna Otero.

En paralelo a este proxecto, o Consorcio e Alvarellos Editora publicarán o libro Memorias do Café Derby (1929-2020) escrito por Franjo, que foi o responsábel da investigación. 

Comentarios