Crítica de Cinema: "Monstros University", cita de videoclube

Mike Wazowski vai a Universidade para converterse en asustador. Alí coñece a James P. Sullivan a quen non pode nin ver desde o comezo. Porén van ter que colaborar para poder cumprir os seus soños.

Monstros
photo_camera Monstros

Ano: 2013
Duración: 102 min.
País: Estados Unidos
Director: Dan Scanlon
Guión: Robert L. Baird, Daniel Gerson, Dan Scanlon
Música: Randy Newman
Reparto (voces): John Goodman, Billy Crystal, Steve Buscemi


SINOPSE

Mike Wazowski vai a Universidade para converterse en asustador. Alí coñece a James P. Sullivan a quen non pode nin ver desde o comezo. Porén van ter que colaborar para poder cumprir os seus soños.

CRÍTICA

Precuela de “Monstros S.A.” que conta como se coñeceron os inseparables protagonistas. Mantén a calidade da factoría Pixar. Porén carece da imaxinación da primeira e constata a carencia de novas ideas da compañía tras “Cars 2” (2011, John Lasseter). A Pixar non se lle dan ben as secuelas, sendo “Toy Story” a excepción que confirma a regra. Aquí bótase moito en falta a Boo, a cativa da primeira parte que eran as risas de grandes e pequenos. De feito antes de ser precuela, o estudo quería facer unha secuela na que os protagonistas iban na procura de Boo para darlle un agasallo. Pero por discrepancias e continuos cambios do equipo non se acabou facendo, aínda que pode ser que se faga máis adiante. Optouse por facer unha precuela na que conta cómo se coñeceron as persoaxes.

É unha historia de rivalidades entre irmandades universitarias americanas ao estilo da vinganza dos novatos. Wazowski (a pelota verde andante cun só ollo) e Sullivan (o xigant

e con lunares violetas) coinciden na Universidade. Primeiro se levan moi mal, 

pero van ter que colaborar e formar parte dun grupo de perdedores para poder gañar as Sustolimpiadas e así poder converterse en profesionais do susto. Ante as evidentes dificultades van superando cada proba e se acaban convertendo en grandes amigos. Pouco contido e nada que non se vira antes. O director é novato pero conta con toda a maquinaria Pixar/Disney a súa disposición así que no tema técnico non hai nada que obxectar. Tamén está a habitual banda sonora de Randy Newman, que xa gañou o premio Oscar polas cancións de “Monstros S.A.”e de “Toy Story 3” pero que nesta tampouco aporta moito. 

A película é bastante do montón e ben podería ir directamente ao videoclube. É bastante previsible e carece da maxia narrativa que caracteriza a este tipo de producións. Pouco que destacar salvo unha animación de gran calidade e que se ve do tirón. Moi boa técnica pero carece de chispa. En calquera caso é unha película enfocada claramente ao público infantil e nese senso non os vai a defraudar. Ten varias mensaxes que farán as delicias dos máis cativos, como a aceptación dun mesmo, a non prexuzgar aos demais pola aparencia, a pertenza a un grupo e a loitar polos soños, entre outras. Así os pais tampouco sentirán que perderon o tempo se levan aos fillos a vela.

Comentarios