CRÍTICAS DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Miss Octubre, Día 1

O noso crítico de "Rock e outras Lerias" preséntanos Miss Octubre, o novo proxecto de Alfredo Piedrafita, que fora guitarrista e vocalista de Barricada. 

Mis Octubre
photo_camera Mis Octubre

Miss Octubre é o novo proxecto de Alfredo Piedrafita, quen fora guitarrista e vocalista de Barricada. Cando chegou as miñas mans, pensaba que me ía atopar  cunha banda clónica de Barricada con outro nome. Sen mirar os créditos púxeno a sonar e cal foi a miña sorpresa cando comeza a sonar “Miss octubre”, o tema de abertura, con uns acordes frescos, actuais e rocanroleiros que me fixeron mover os pés. Máis a sorpresa non remataba aí, pois a voz non era a de Alfredo, se non a dunha das mellores voces femininas do rock. Nin máis nin menos que Agnés Castaño, unha das grandes damas do rock e vocalista de Lilith.  A formación fica completada con Iker Piedrafita (líder dos Dikers e fillo de Alfredo) na outra guitarra, Rafa Malo (baixista de Lilith) ás 4 cordas e Sergio Izquierdo (Dikers) á batería. Toda unha unión de dúas xeracións que bebendo unha da outra, dan forma ao que para min é un dos mellores debuts do 2014.

"Se “Miss Octubre” abría o disco con forza, “Amor Sucio” continúa nesa senda salvaxe de sexo e rock and roll cunha temática da vella escola".

Se “Miss Octubre” abría o disco con forza, “Amor Sucio” continúa nesa senda salvaxe de sexo e rock and roll cunha temática da vella escola. Tras ela, “15”, un medio tempo que non perde forza cunha temática máis romántica e un retrouso tan pegadizo que non o podes sacar da cabeza en varios días. Nada fai previr o que vai vir con “Rojo Oscuro”, cantada con tanta carraxe na súa interpretación que non te deixa indiferente, sen dúbida o mellor tema do disco.

“Cosas que te dije Ayer”, cantada por Iker e Agnés ten certo recendo pop comercial, que segue aumentado con “Prisionero”, aínda que desta debo recoñecer que teño certa debilidade polos seus riffs dunha elegancia exquisita e que serve de ponte perfecta a “Puñales de papel” coa que remata o coqueteo comercial do disco. 

A estas alturas, xa pasado o Ecuador do disco, chega “Una entre un millón”, que volve a retomar os son do rock urbano  actualizado cuns coros oitenteiros e un colchón de tecras no retrouso. Un aviso de que o disco comeza de novo a subir, como demostra “Mundo Enfermo”, cuns coros que fan lembrar aos Gorky Park (salvando as distancias)  pero no que a voz de Agnés non está á altura, dando a sensación de non sentirse cómoda nese rexistro, pero que se resarce en “Fuego Frío”, onde para min o que falla son as guitarras pouco contundentes  e excesivamente elegantes.

"Aínda que nalgúns puntos o disco é feble, o todo en conxunto fai que sexa un traballo digno de estar nas nosas coleccións de discos".

A voz de Alfredo non podía faltar, e aparece en “Tu siempre ganas”, unha balada acústica, na que até se poden escoitar cordas e que rompe con toda continuidade do disco. Algo disto de todo o disco, mais co sinatura propia de Alfredo. “El pájaro de las plumas de cristal”, é o tema elixido para o peche do disco e con el volven os coros oitenteiros e os medios tempos. Un tema que cando remata estache a pedir volver a escoitar o disco de novo.

Aínda que nalgúns puntos o disco é feble, o todo en conxunto fai que sexa un traballo digno de estar nas nosas coleccións de discos. Non tiven aínda a oportudidade de velos defender o disco en directo, máis coñecendo a traxectoria dos seus membros, non defraudarán. Parece que podemos ter Miss Octubre por moitos anos.

Miss Octubre. Día 1. (Warner 2014)
 
Listaxe de Temas
1. Miss octubre 
2. Amor sucio 
3. 15 
4. Rojo oscuro 
5. Cosas que te dije ayer 
6. Prisionero 
7. Puñales de papel 
8. Una entre un millón 
9. Mundo enfermo 
10. Fuego frío 
11. Tu siempre ganas 
12. El pájaro de las plumas de cristal 

Miss Octubre na rede:
Web: http://www.missoctubre.com
Facebook: https://www.facebook.com/missoctubre
Twitter: https://twitter.com/Miss_Octubre

Comentarios