Que facer?

A mellor variedade musical, teatro e poesía para esta fin de semana

A música gaña terreo nesta fin de semana. O San Froilán de Lugo aposta no mellor folk do país mentres que no Outono Códax Festival (Santiago de Compostela) non faltarán sons da música negra: soul, rythm&blues, funk e rock´n roll. Tamén haberá moita poesía, teatro e monólogos. 

photo_camera poemagosto

Sexta feira

Helena: Xuízo a unha lurpia

Narón 

Pazo da Cultura 

20.30h

Narón

A historia de Helena de Troia trasladada ao actual século XXI, unha novidosa peza teatral que ofrece outra visión dos feitos. 

Teatro para bebés

Ourense 

Auditorio Municipal de Ourense 

12:00h

Caramuxo Teatro estrea o seu novo espectáculo, Redondo, destinado a crianzas de até catro anos. 

San Froilán 

Lugo

Continúa a programación do San Froilán, durante a fin de semana, con concertos de Kepa Junquera, Orquesta de Jazz de Galiza, Pepe Vaamonde, María do Ceo, Xabier Díaz e Aduferias de Salitre, entre outros.

Outono Códax Festival

Santiago de Compostela

Arranca unha nova edición do maior festival de música negra de Compostela onde non faltará soul, rythm&blues, funk e rock´n roll. Nesta edición poderemos escoitar grupos galegos como Andhrea & The Black Cats e The Hellbuckers

Sábado

Festival de Poesía

Allariz

Museo do Coiro

10.00h

Volta unha nova edición do Poemagosto, un festival de poesía que ocupará toda a xornada de actividades desde a mañá até a noite, para rematar con concertos de Leo i Arremecághona e Mercedes Peón. Entre as actividades destacan contacontos, recitais de poesía, cantos ao desafío e concurso de regueifeiros, ademais de postos de arte, artesanía, produtos locais e libros. 

Noites de Retranca 

Pontevedra

Pazo da Cultura 

21.00h

Monólogos cargados de grandes doses de humor e retranca da man de Luis Iglesia e Xosé Touriñan. 

Segunda feira

Recital poético inglés- galego

Santiago de Compostela 

Chan da Pólvora

20.00h

Recital poético a cargo de Annemarie Ní Churreáin, presentado por Keith Payne, dous poetas irlandeses de grande destaque no actual panorama literario. 

Terza feira

Rúa dos Contos

Carballo

Valle Inclán

22.30h

Unha proposta diferente onde as artes escénicas son trasladadas a diferentes locais da cidade. Desta volta con Rebento se non o conto, de Sergio Pazos.

Comentarios