Marta Dacosta gaña o premio de poesía Filomena Dato

O xurado destacou “a temática da demencia, a vellez, o coidado e a preparación para a perda”.

A escritora Marta Dacosta (Foto: Nós Diario).
photo_camera A escritora Marta Dacosta (Foto: Nós Diario).

A poeta Marta Dacosta proclamouse gañadora do IV premio de poesía Filomena Dato coa obra Papaventos abismados. O certame está convocado Concello de Bergondo e dotado con 2.500 euros e a publicación do volume na editorial Apiario.

O xurado, integrado por Alejandra Pérez Máquez, presidenta; e Antía Otero Rodríguez, Oriana Méndez Fuentes e Rosalía Fernández Rial como vogais, deliberou onte  a vitoria do conxunto poético de Dacosta

O xurado destacou á hora de outorgar o galardón a este conxunto poético a valoración da “temática da demencia, a vellez, o coidado e a preparación para a perda”. Na mesma dirección, significou a forza da súa escrita.

Traxectoria

Marta Dacosta Alonso (Vigo), licenciada en filoloxía galego-portuguesa, inicia a súa andaina literaria publicando en revistas como Corredoira, Olisbos ou A Peneira. O seu primeiro libro data de 1994, Crear ou mar en Compostela, Premio de poesía O Grelo. Con Pel de ameixa obtén o Miguel González Garcés, e con Setembro o Martín Codax en 1998, mentres que con En atalaia alerta, obtén un accésit do Premio Esquío 1999.

Dacosta é colabora de Nós Diario, onde pública todos os sábados unha peza de opinión. Ao tempo, ten publicado ducias de artigos e pezas literarias en diversas publicacións galegas.

A poeta deixou poemas en obras colectivas como Intifada, ofrenda dous poetas galegos a Palestina, 8 e méio ou O entrelazado das palabras.

A súa obra está, tamén, presente en antoloxías como  Para saír do século, Novas Voces dd Poesía Galega, A poesía contemporánea a partir de 1975 ou 25 anos de poesía galega 1975-2000.

Comentarios