Máis

Ortigueira, capital celta

Cita obrigada para amantes da música folk 
O festival de música folk por excelencia decorrerá do 9 ao 16 de xullo en Ortigueira. (Foto: Festival de Ortigueira)
photo_camera O festival de música folk por excelencia decorrerá do 9 ao 16 de xullo en Ortigueira. (Foto: Festival de Ortigueira)

A s rúas do concello de Ortigueira estanse a preparar para acoller na vindeira semana milleiros de amantes da música folk de raíz celta nas súas diferentes vertentes coa que é probabelmente unha das citas musicais máis sonadas do país. 

O Festival Internacional do Mundo Celta xuntará do 9 ao 16 de xullo miles de persoas nesta vila do norte da Galiza que acudirán para vivir o ambiente, mais sobre todo para escoitar en vivo e en directo tanto grupos locais, como nacionais e outros recoñecidos internacionalmente.

O 9 de xullo abrirán o festival no escenario principal de Ortigueira a primeira orquestra de música folk e tradicional da Galiza, SonDeSeu, xunto cos escoceses Talisk.

Bandas de gaitas locais e internacionais percorrerán as rúas de Ortigueira e subirán ao escenario deste consolidado festival internacional. (Foto: Festival de Ortigueira)
Bandas de gaitas locais e internacionais percorrerán as rúas de Ortigueira e subirán ao escenario deste consolidado festival internacional. (Foto: Festival de Ortigueira)

O 10 de xullo será a quenda de Muro Kvartet, cuarteto aragonés; Alienda, grupo folk asturiano e en asturiano; e, tamén desde Asturias, Guieldu. Trikitrí, procedentes de Heuskal Herria; Algaire, de Asturias; e os Elephant Sessions, das Highlands de Escocia, farán o propio o día 11 de xullo no escenario principal do Festival de Ortigueira.

Mallou, gañadores da última edición do Premio Fran Pérez 'Narf' da Deputación da Coruña actuarán o 12 de xullo no Teatro de Beneficencia; mentres que A banda das Crechas, Mec Lir e Holiday Club (de Santiago de Compostela, Illa de Man e Edinburgo, respectivamente) subirán ao escenario principal.

O festival de Ortigueira ofrecerá tamén espectáculos de artistas como Xisco Feijoó e Xabier Díaz, que ocuparán o escenario principal os días 13 e 16 de xullo.

O festival tamén contará coa participación de grandes bandas de gaitas como a Escola de Gaitas de Ortigueira, a Bagad Sonerien an Oriant ou a Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band.

Comentarios