Mr.Cool e Fer Risco porán música á actuación

O Mago Teto estrea espectáculo de maxia con banda en directo

O próximo domingo, 22 de xaneiro, o Mago Teto estrea formato con banda en directo do espectáculo familiar Rock'n'Magic, acompañado do guitarrista compostelán Mon Orencio (Mr. Cool) e do batería ourensán Fer Risco.
O Mago Teto presentará o seu novo show en Teo. (Foto: Culturactiva
photo_camera O Mago Teto presentará o seu novo show en Teo. (Foto: Culturactiva

O próximo domingo, 22 de xaneiro, o Mago Teto estrea formato con banda en directo do espectáculo familiar Rock'n'Magic, acompañado do guitarrista compostelán Mon Orencio (Mr. Cool) e do batería ourensán Fer Risco

A actuación inaugural do novo espectáculo do Mago Teto decorrerá no Auditorio Municipal Constante Liste de Teo (comarca de Compostela). 

O evento, que xa colga o cartel de completo, será gravado en directo para a realización dun videoclip "ao máis puro estilo rock & roll". Que o Mago Teto mesturase as súas dúas paixóns, o rock e a maxia, "era cuestión de tempo", informan desde a cooperativa Culturactiva que xestiona o espectáculo. Ilusións, ritmo, humor e "moita, moita tralla" é o que o público poderá desfrutar por toda a xeografía do país.

Teto é un dos perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico. É un dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa xuventude. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. 

Comentarios