CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Galician people speak galego

Non só de novidades escribe o noso crítico, tamén bota unha olladela retrospectiva ás súas músicas favoritas, na súa sección "Volvendo a escoitar..."

image016

VOLVENDO A ESCOITAR...

Yellow Pixoliñas.  Galician People Speak Galego. (Sons Galiza, 1992).

Formados en Monforte de Lemos, Yellow Pixoliñas foron, sen dúbida algunha, unha das bandas máis influentes no rock galego  dos 90 e o seu álbum de debut, Galician People Speak Galego,revolucionou o panorama musical de tal xeito que xa nada volvería a ser igual. Un disco no que primaba o rock do xeito máis ecléctico case achegados ao punk como en “A moto minicross” (versión salvaxe do Brand New Cadillac de Vince Taylor & The Playboys (1959), ao pop de “My Guitar”, pasando polo ska de  “Mariluz”. 

O sarcasmo, surrealismo e irreverencia das súas letras, cantadas en galego ou nalgúns casos no que poderíamos chamar galeguinglish, como no tema de apertura do “Chiringuing in the rain” (Big napia in the face, I non vexo in the dark), fixeron deste álbum un disco indispensábel, e fixeron aos Yellow Pixoliñas un merecido oco na historia do rock do país. 

Listaxe de Cancións:

1.Chiringuin in the rain 
2.Telexornal
3.Marilú
4.Churras pitas
5.Néboa na explanada
6.A moto minicross
7.O cobrador
8.A vaca marela
9.Joao dopao
10.My guitar
11.Dios queira que chovan nabos
12.Ra
13.Teño sede

Facebook Oficial: www.facebook.com/GalicianPeople

Comentarios