O Festival C leva ao agosto de Santiago danza, circo, poesía e arte urbana

A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, presentaron onte no Pazo de Raxoi unha nova edición do Festival C, con espectáculos de circo, poesía e danza que terán como escenario a praza da Quintana, a Alameda de Santiago e o parque de Bonaval.
Miriam Louzao e Xaquín López na presentación do Festival C.
photo_camera Miriam Louzao e Xaquín López, esta cuarta feira, na presentación do Festival C.

A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, e o director-xerente do Auditorio de Galiza, Xaquín López, presentaron onte, no Pazo de Raxoi, unha nova edición do Festival C. O evento regresa en agosto a diferentes espazos da cidade. A praza da Quintana, a Alameda de Santiago (estatua de Federico García Lorca) e o parque de Bonaval (cemiterio) serán escenario para o circo, a poesía e a danza, espectáculos que encherán o verán de Compostela.

As citas coa danza comenzan no cemiterio de Bonaval o día 7 coa compañía Fran Sieira que, dentro do programa de Danza a Escena presenta Coreografías dun demente, unha peza con baile e música tradicional galega. O día 21 serán dúas compañías da Galiza, Daniel Rodríguez con A raíz de e Furia Sotelo con Vestirme de ti, os que coa danza indaguen sobre o corpo e as relacións humanas. Tamén no marco de Danza a Escena o día 28 o colectivo Glovo presenta Alleo unha proposta baseada na idea de atalaia. O día 31 pecha o festival o espectáculo Laisse-Moi do Collectiv Primavez onde os corpos libran cambios e loitas dun contra outro.

Poesía e circo

A carón da estatua de Federico Garcia Lorca, na Alameda, celebraranse os espectáculos de poesía que comenzan o día 9 con Ornitology con Quico Cadaval como narrador acompañado polo saxofonista Pablo Castaño. O día 30, Alba Cid, Estevo Creus e Pablo Castaño, contan A faia de ponto, unha lenda que narra que foi Ponto, le Roi de la Galice, quen plantou a faia mentras que outra, asegura que a árbore é o propio Ponto convertido nela tras a súa morte.

A praza da Quintana acolle tres espectáculos de circo. O día 10, Kine Circus Etiopia presenta Greed, no que un grupo de artistas utiliza o circo para explorar a condición humana. O día 17 será a quenda de Manolo Alcántara, un dos grandes do circo, que con Maña explora a transmisión de coñecemento dun avó a un neto. Entre cordas, acordes e acrobacias Circo no Ato pecha as citas co circo con Se der Corda o día 24. 

O Centro Xove da Almáciga acollerá obradoiros de circo para todos os públicos: Circo no parque de verán organizados por Circonove, de balde con inscripción previa no mail [email protected]

Esta programación complétase coa posibilidade de visitar a exposición 1984. Unha xeneaoloxía feminista da arte urbana galega que se pode visitar na sala de exposicións do Auditorio de Galiza', un ensaio expositivo sobre arte urbana

Comentarios