Ferrín entregará o Premio Vidal Bolaño das Redes Escarlata

O escritor Xosé Luís Méndez Ferrín entregará o X Premio Roberto Vidal Bolaño das Redes Escarlatas ás persoas que manteñen o blog “De volta para Loureda”. O acto terá lugar o sábado 15 na Facultade de Filosofía de Santiago ás 12 horas.

Xosé Luís Méndez Ferrín
photo_camera Xosé Luís Méndez Ferrín

Será o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín o encargado de entregar o X Premio Roberto Vidal Bolaño que recaeu nas persoas que manteñen o blog, “De volta para Loureda”, unha bitácora creada en apoio do preso independentista Carlos Calvo e na que teñen colaborado unha grande pluralidade de sinaturas. O acto terá lugar ás 12 da mañá no Salón de Graos da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago, na Praza de Mazarelos. 

O xurado valorou que o blog “De volta para Loureda” reflexiona “sobre os presos nacionalistas galegos cuxa situación é contraria ás garantías ás que todos/as humanos/as teñen dereito”. O premio consiste nun cadro do pintor Xoán Pardiñas e no acto, alén do propio Ferrín, participarán outros membros das Redes Escarlata como Anxo Angueira e Francisco Fernández Rei. Estará introducido polo decano da Facultade de Filosofía, Rafael Martínez Castro e presentado por Charo Lopes. Contarán tamén coa intervención de O Leo e María do Cebreiro e confirmaron a asistencia a viúva e o fillo de Roberto Vidal Bolaño, Belén Quintáns e Roi Vidal. 

Comentarios