O VI concurso de microrrelatos da Academia e PuntoGal entrega os seus premios

As persoas premiadas recolleron esta segunda feira na Fundación Luis Seoane os galardóns dunha convocatoria que segue a descubrir novas voces cheas de talento de distintas xeracións.
Victor F. Freixanes, no centro, xunto as gañadoras e gañadores. (Foto: RAG)
photo_camera Victor F. Freixanes, no centro, xunto as gañadoras e gañadores. (Foto: RAG)

As nove historias premiadas no VI Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal, escritas por Nel Vidal (Ribeira, 1980), Nanda Misa (Vigo, 1978), Mónica Fraga (A Laracha, 1974), Andrea Bravo López (Ames, 2009), Mencía Jorge Cabaleiro (Vigo, 2006), Beatriz Martínez García (Teo, 2006), Ainhoa Valverde Silva (Baiona, 2012), Arwen Fernández García (Nigrán, 2014) e Mai Lemmen (Geldrop, Holanda, 2016), xa poden lerse na publicación dixital dispoñíbel nas páxinas web de ambas as institucións e do propio certame, relatos.gal. Os relatos publicaronse coincidindo co acto de entrega dos galardóns que se celebrou esta segunda feira na Fundación Luis Seoane da Coruña. 

 "O amor, o humor, a perda, a culpa, o acougo ou a ledicia están no miolo destes nove textos escritos por persoas de distintas xeracións, desta volta entre os 7 e os 48 anos. Malia a distancia xeracional entre unhas e outras, estes relatos son boa proba de que as formas de sentir, de se emocionar, de padecer e de gozar permanecen. E de que a nosa lingua é un poderoso vehículo de expresión que nos permite compartir calquera mensaxe que queiramos expresarlle ao mundo, ferramenta de comunicación que nos fai singulares e comunidade a un tempo, idioma da madureza, da mocidade e da infancia”, expresan os presidentes da Real Academia Galega e PuntoGal, Víctor F. Freixanes e Manuel González González, no texto de presentación da publicación que recolle todos os contos gañadores. 

Freixanes e o tamén académico Manuel González González entregaráon os premios canda a académica de número M.ª Dolores Sánchez Palomino, a académica corespondente Celia Pereira Porto e a técnica de PuntoGal, Cristina Ríos, todos eles membros dalgún dos xurados que avaliaron as máis de mil historias presentadas ao concurso, e dos que tamén formaron parte o académico de número Gonzalo Navaza, o director xeral e a secretaria de PuntoGal, Darío Janeiro e Edita de Lorenzo, a xornalista Rosalía Macías Tarrío e o poeta, escritor e guionista Lois Pérez.

Once finalistas

Á convocatoria da RAG e de PuntoGal presentáronse máis de mil relatos nas diferentes categorías para persoas adultas, xuvenil e infantil. Entre eles, tamén se escolleron unha serie de once finalistas que serán publicados pola revista Luzes

Comentarios