Do 13 ao 21 de outubro en Compostela

Tres estreas absolutas no Festival Galicreques

Tres estreas absolutas marcarán a viséximo terceira edición do Festival Galicreques en Santiago de Compostela. Constituirán o prato forte dun programa que incluirá ademais 12 pezas nunca vistas no Estado español.
 

luisourense_XaimeCortizo
photo_camera Luís Vallecillo, que estrea 'Cantamos?' no Festival Galicreques. Foto: Xaime Cortizo.

As primicias comezarán o sábado 13 de outubro, no Teatro Principal ás oito e media do serán, cando os galegos Títeres Cachirulo e as arxentinas Tres Tigres Teatro e Chachakün interpretarán Viaje a un país de...

Home, do español Mazzú Teatro, verase no Teatro Principal a quinta feira 18 de outubro. O músico e titiriteiro Luís Vallecillo representará a terza feira, 16 de outubro, Cantamos?, “un espectáculo que mestura música e bonecos”. Será no Centro Sociaocultural de Santa Marta.

O programa do veterano certame acolle compañías galegas, venezolanas, brasileiras ou arxentinas. Organizado pola Asociación Barriga Verde, o festival conta coa colaboración do Concello de Compostela, a Deputación da Coruña, Agadic e o Inaem.

Comentarios