Tres espectáculos levan a especulación bancaria e os despoxos a escena

O crédito, con Antonio Durán Morris e Pedro Alonso, estréase esta quinta feira en Pontevedra. Eme2 produce esta comedia que se suma a Kassa de Elefante Elegante e A casa do avó de Tanxarina para levar os despoxos e a especulación bancaria á escena. 

O crédito
photo_camera O crédito

O Crédito represéntase os días 5, 6 e 7 no Teatro Principal de Pontevedra antes de iniciar unha xira   na que Eme2  levará a obra por todo o país. Dirixida por Fernando Bernués e producida por Mercedes CAstro, os actores Antonio Durán Morris e Pedro Alonso son os encargados de representar unha historia na que o director dunha sucursal bancaria négalle o crédito a un cliente por falta de avais. Na presentación, Morris afirmou, con brincadeira, que despois da función vanse “revisar os protocolos dos bancos”. E non será así, mais o que está certo é que ás táboas chega con forza un tema que está no sentir da sociedade e que padecen centos de persoas que se viron afogadas polas débedas e a hipoteca. 

Despoxos ás crianzas

O paso seguinte: o despoxo.  E o pincho máis difícil vén da man de Tanxarina que nunha obra con texto e dirección de Cándido Pazó tentan explicar ás crianzas o desafiuzamento da casa do avó. Malia iso, a solidariedade é un dos elementos que máis forza mostran na tráxica circunstancia que centra a historia de “A casa do avó”. Como “unha peza de teatro social e educativo onde os dereitos dos nenos e dos maiores van máis alá do puramente artístico” presenta a compañía de Redondela este novo espectáculo no que defenden o dereito das crianzas a “ser coñecedores do que pasa ao seu redor dunha maneira apropiada e en condicións de igualdade”. 

Tamén a compañía Elefante Elegante afonda na tensa relación entre a banca e o dereito á vivenda na súa obra Kassa na que mostran a súa convicción “tal e como está especificado no artigo 25.1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos de que dispor dunha casa é un dereito fundamental”, afirman na presentación do seu novo espectáculo que está inspirado en A Metamorfose de Kafka. “Hoxe, cen anos despois, o seu protagonista Gregor Samsa converteríase nun insecto, non por ter un traballo esixente e anulador senón por estar 

Comentarios