mércores 15.07.2020

A Esmorga, entre os 5 mellores filmes do ano para o programa Días de Cine

O filme de Ignacio Vilar foi seleccionado polo equipo deste programa especializado na sétima arte como unha das mellores fitas do Estado neste 2015. 

aesmorga
aesmorga

O programa de TVE2 escolleu A Esmorga como o mellor cuarto filme do ano. Segundo eles “convertiuse na película máis vista en Galiza e, sen embargo, no resto de España non tivo a repercusión que en Días de Cine cremos que se merecía esta estupenda adaptación da novela de Eduardo Blanco Amor”. No programa dirixido por Gerardo Sánchez, tamén destacaron os “tres actores fabulosos” que a protagonizan: Miguel de Lira, Karra Elejalde e Morris. 

Os outros filmes elixidos son, por esta orde, B, a fita que recrea o caso Bárcenas; Techo y comida, de Juan Miguel del Castillo; Un día perfecto, de Fernando León de Aranoa; e Un día perfecto para volar, protagonizado por Sergi López. 

Pola súa banda, A Esmorga continúa no ronsel do éxito, sendo un dos DVDs máis vendidos este Nadal, e cuns datos de espectadores que sobardan os 150.000. Agora comeza o seu percorrido internacional logo dos premios acadados no Festival de Toulouse, onde acadou os galardóns ao mellor director, mellor interpretación masculina ex aequo e mellor dirección de fotografía.
 

comentarios