"Dhogs”, a película que “traballa en pequeno e pensa en grande” aposta polo micromecenado

Alta calidade e baixo orzamento. “Traballar en pequeno e pensar en grande”. Ese é o plan de produción do filme “Dhogs”, dirixido por Andrés Goteira, que iniciará a rodaxe no verán cun equipo artístico formado, entre outros nomes, por Celso Bugallo ou Marta Larralde. Para completar orzamento recorre ao micromecenado. 

Cadro artístico de Dhogs
photo_camera Cadro artístico de Dhogs

Pixel Films e Gaitafilmes xúntanse para producir “Dhogs”, un fílme dirixido por Andrés Goteira e con produción de Sara Horta e Suso López. Intriga, algo de drama e un pouco de acción, son os elementos cos que presentan o filme que busca gustar e entreter “sen renunciar ao estilo propio”. Marta Larralde, Celso Bugallo, Iván Marcos, Suso López, Milo Taboada e Alex Carro forman parte do singular equipo artístico que dará vida aos peculiares personaxes de “Dhogs”. 

Calidade profesional co seu “pensar en grande” e micromecenado entre outras fontes de investimento a través do “traballa en pequeno” que compoñen a súa lenda de presentación. A equipa de produción conta ver o filme rematado a fins deste ano ou comezos do 2015 e a rodaxe conta iniciarse no verán. Botan a andar na plataforma verkami unha campaña de crowdfundign co obxectivo de completar o orzamento que é de arredor de 75.000 euros, que son realmente 60.000 ao lle restar a capitalización das dúas produtoras. A equipa do filme estima que o orzamento real superaría os 150.000 euros mais a cantidade estimada provén do proceso de “apertar o cinto” ao que someteron aos números. 

Teiman en que a película sairá “si ou si” mais do apoio colectivo devirá a calidade e acadar a atmósfera imaxinada. “Se chegásemos ao presuposto ideal todo sería máis sinxelo e poderiamos respirar moito máis tranquilos”, explican. Na plataforma verkami quédanlle 3.000 euros para completar o orzamento. 

CONCEPTO 1 #DHOGSFILME from Dhogsfilme on Vimeo.

Comentarios