O Culturgal demostra que a cultura tamén é posíbel en tempos de pandemia

A Feiras das Industrias Culturais viuse na obriga de reinventarse, con éxito, ante a situación sanitaria 
Manuel Rivas, durante a sua conversa con Teresa Cuíñas no Culturgal (Foto: Xerais).
photo_camera Manuel Rivas, durante a sua conversa con Teresa Cuíñas no Culturgal (Foto: Xerais).

O Culturgal desenvolveu durante o día de onte no Pazo da Cultura e no Teatro Principal de Pontevedra a primeira xornada dun evento que, dada a situación de pandemia na que se atopa Galiza, viuse obrigado a fuxir das masificación de público do anos anteriores.

Para iso, a organización artellou alternativas a través da súa canle de Youtube e do portal Cultur.gal, onde se congregaron máis de 4.000 persoas seguindo os distintos eventos que se desenvolveron, con protagonistas como Manuel Rivas, Suso de Toro, Kiko da Silva, Luar na Lubre ou Susana Seivane. que na súa actuación reivindicou a "seguridade" da cultura, un dos sectores máis castigados polas restricións sanitarias. 

A Xunta di que organizará "máis de 1.000 eventos" en 2021

O Goberno galego aproveitou o Culturgal para ofrecer un avance da súa programación cultural para o vindeiro ano. Neste sentido, o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o de Política Lingüística, Valentín García, afirmaron que xa traballan "na configuración de máis de 1.000 eventos que van desde exposicións, espectáculos, concertos e proxeccións ata obradoiros, festivais e congresos".

Segundo apuntaron, o seu obxectivo é investir no sector "27,4% máis", para o que levarán a cabo " programas de dinamización cultural no ámbito da lectura, do audiovisual, das artes escénicas e musicais, así como das artes plásticas da proxección exterior da cultura galega".

A gran festa da Cultura continúa hoxe

Durante a xornada de hoxe, entre outros eventos, a programación do Culturgal inclúe actividades como a proxección, no Espazo Cinema, d versión polícroma restaurada do documental de 1927 Pontevedra, cuna de Colón, peza de Enrique Barreiro pioneira na experimentación para dotar de cor a imaxe cinematográfica;  concerto de Os d’Abaixo (20 horas) e o espectáculo Ópera Break’s, de Vella Escola (19,15 h.), entre outros moitos.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios