Crítica de Cinema: "Antes do anoitecer", diálogos bestiais nunha conversa redonda

Terceira entrega da triloxía. Nesta ocasión a parella está en Grecia onde se retoma a vida de Celine (Julie Delpy) e Jesse (Ethan Hawke) nove anos despois do seu segundo encontro resolvendo o misterio sobre como acabou. 

 

Antes do Anoitecer
photo_camera Antes do Anoitecer

Título orixinal: Before Midnight
Ano: 2013
Duración: 108 min.
País: Estados Unidos
Director: Richard Linklater
Guión: Richard Linklater, Julie Delpy, Ethan Hawke
Música: Graham Reynolds
Fotografía: Christos Voudouris
Reparto: Julie Delpy, Ethan Hawke, Seamus Davey-Fitzpatrick, Xenia Kalogeropoulou, Walter Lassally 

SINOPSE

Terceira entrega da triloxía. Nesta ocasión a parella está en Grecia onde se retoma a vida de Celine (Julie Delpy) e Jesse (Ethan Hawke) nove anos despois do seu segundo encontro resolvendo o misterio sobre como acabou. 

CRÍTICA

Derradeira película, de momento, de Richard Linklater tras “Antes do amencer” (1995) e “Antes do atardecer” (2004). Unha historia de amor e parella contada en tres actos e tamén en tempo real. As personaxes fanse maiores ao mesmo tempo que o público. Representan exactamente a mesma idade que teñen na vida real tras case 20 anos da primeira parte. Algo que non é a primeira vez que se fai pero que é moi pouco común no cinema e que, como mínimo, provoca que nos identifiquemos e lles pillemos cariño as personaxes. Tras unha primeira parte onde se coñecen e o aberto desenlace da segunda no que Jesse leva a Celine ao seu piso para que ela lle cante unha canción aquí se resolve o misterio de cómo acabou esa noite. Agora teñen dúas fillas aparte dun fillo que xa tiña Jesse dun matrimonio anterior e que vai ser o que prenda a mecha dunha posible fin da relación entre os protagonistas. Todo contado nun día mentres gozan dunhas vacacións polas illas gregas en familia. Importante, aínda que non imprescindible, ver as dúas anteriores para comprender a evolución, o desgaste e a decadencia dunha parella, neste caso encarnada por Jesse e Celine.

A película é realmente unha conversa redonda chea de grandes doses de complicidade e temperada con momentos de retranca de parella que xa lle gustaría firmar ao mismísimo Woody Allen

Os diálogos da película son bestiais. É case un non paran de falar sen pausa. A película é realmente unha conversa redonda chea de grandes doses de complicidade e temperada con momentos de retranca de parella que xa lle gustaría firmar ao mismísimo Woody Allen. Lonxe de aburrir tanto diálogo é precisamente o que fai manter a atención xa que todo está perfectamente hilado até o milímetro. Iso sí, dentro desa perfección hai unha naturalidade apabullante. Ethan Hawke e Julie Delpy lograron tal identificación coas súas propias personaxes que gran parte dos diálogos están improvisados por eles mesmos, polo que figuran tamén como autores do guión xunto ao director.

A fotografía do grego Christos Voudouris capta esa luz mediterránea do seu propio país creando un entorno preciosista no que se desenrola a historia. Non é casualidade que a película transcurra nun país plagado de ruinas e con tanta historia detrás: a metáfora está servida. Destacaría tres momentos do filme: a conversa inicial de case 15 minutos no coche feita nun só, aínda que trampeado, plano secuencia; a comida entre catro xeraciones de parellas onde cada un aporta o seu punto de vista ao que é unha relación; e a escena final na habitación do hotel que destaca polos seus detalles visuais narrativos, que non vou desvelar pero que son absolutamente impresionantes. Estamos ante a mellor película do tríptico de Linklater sobre a parella. Un filme realista, intelixente e máxico, e un dos mellores do ano.

Comentarios