Xacobe Martínez Antelo Trío

Os 'Concertos Necesarios' poñen o peche na Coruña e Compostela

O ciclo Concertos Necesarios pon o peche a quinta feira 19 de decembro no centro de Atención á Parálise Cerebral (A Coruña), e a sexta feira 20 na Asociación Fonte da Virxe (Compostela) e na Residencia Puentevea (Teo).
Concerto no Hospital de Conxo (Iván Barreiro)
photo_camera Concerto no Hospital de Conxo (Iván Barreiro)

Após visitar a Asociación de Pais de Persoas con Diversidade Funcional de Teo, a Cociña Económica de Compostela e o Hospital Psiquiátrico de Conxo, o ciclo Concertos Necesarios pon o peche esta semana coas súas tres últimas actuacións. Serán a quinta feira 19 de decembro no centro de Atención á Parálise Cerebral (A Coruña), e a sexta feira 20, pola mañá na Asociación Fonte da Virxe (Compostela) e pola tarde na Residencia Puentevea (Teo).

O ciclo, que se realiza coa colaboración da Deputación da Coruña e co apoio do Concello de Santiago, leva a música do trío compostelán de jazz de Xacobe Martínez Antelo a lugares e persoas que normalmente non teñen a oportunidade de acceder a esta clase de espectáculos. A iniciativa pretende dar visibilidade aos espazos onde programa, así como aos colectivos que os utilizan.

Contan desde a organización que unha das maiores sorpresas aconteceu cando no Psiquiátrico de Conxo, un usuario propuxo a posibilidade de tocar co trío. Finalmente, este saxofonista interpretou dous temas na última parte do concerto. 

Comentarios