domingo 27/09/20

O concello de Viveiro non autoriza a cesión do recinto para o Resurrection Fest XS

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, presenta a edición 2020 do festival Resurrection Fest (Foto: Xoán Crespo / Xunta)
O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, presenta a edición 2020 do festival Resurrection Fest (Foto: Xoán Crespo / Xunta)

O proxecto do Resurrection Fest XS con concertos ante público en Viveiro non terá lugar. O Concello de Viveiro denegou os permisos que farían posíbel o uso das instalacións municipais para o festival que pretendía reunir até 800 persoas na vila da Mariña para asistir aos concertos programados do ciclo no que se convertera a edición deste ano e que tiña patriocinio da Xunta.

Segundo informa Culturagalega.gal o Concello asegurou que esta decisión "complicada e difícil" foi tomada despois dunha análise pormenorizada e tendo en conta numerosas cuestións, coa prioridade da seguridade da veciñanza. "Vimos de ter un gromo na comarca da Mariña e a situación non é sinxela en toda Galiza, como lemos cada día nos medios de comunicación", explica a alcaldesa, María Loureiro.

O Goberno municipal explica que o problema non sería dentro do recinto, cun aforo limitado a 800 persoas e todos os protocolos activados, pero si no exterior, nas rúas e nos espazos públicos de Viveiro durante os dez días nos que estaba previsto celebrar o festival, nos que non sería posible garantir a seguridade. A celebración da parte virtual e en liña que xa estaba prevista seguirá adiante segundo o anunciado, os días 28 e 29 de agosto.

O concello de Viveiro non autoriza a cesión do recinto para o Resurrection Fest XS
comentarios