Ciclo de cineastas portuguesas no Centro Camões de Vigo

Hoxe segunda feira comeza na cidade olívica o VI Ciclo de Cinema Português que nesta ocasión nos trae fitas asinadas por tres mulleres de distintas xeracións.

claudia-cienastaPT
photo_camera Claudia Varejao, cineasta portuguesa, presente neste ciclo

O  Camões escolleu tres realizadoras que representan tres xeracións diferentes de mulleres detrás da cámara: Margarida Gil (1950-), Margarida Cardoso (1963-) e Cláudia Varejão (1980-). Dentro do espírito cineclubístico que segue esta institución de promoción exterior portuguesa, a entrada será gratuita e os filmes serán antecedidos por unha presentación e seguidos de debate con todos os presentes. 

O ciclo comeza hoxe segunda feira 16 de xuño ás 19h, con unha curta e unha mediametraxe. Trátase de 'Falta-me' (2004, 20') de Cláudia Varejao, e 'Carlos de Oliveira: sob o lado esquerdo' (2007, 49'), de Margarida Gil, que tamén estará presente na proxección, que introducirán a poeta María do Cebreiro e Joao Ribeirete. 

A seguinte proxección é o 17 de xuño á mesma hora, cando se amoará 'A costa dos murmúrios', de Margarida Cardoso (2004, 115'), cun debate moderado por Marta Pereiro. 

A última cita co cinema portugués terá lugar o 22 de xuño , cando poderemos ver un novo filme de Cardoso, 'Yvone Kane' (2014, 117'), presentado por Ana Gravata. 

Un dos aspectos máis interesantes do cinema portugués recente é a aparición de moitos nomes de mulleres por detrás das cámaras. Lembramos que unha muller, a realizador Leonor Teles (de só 24 anos), gañou en febreiro deste ano o Oso de Ouro na Berlinale coa curtametraxe 'Balada de um batráquio' (2016).

Comentarios