César Morán homenaxea Cunqueiro na Coruña

O Centro Cultural Ágora acollerá hoxe sábado ás 21 horas a presentación en directo de Haberá primavera, un traballo musical en que César Morán rende homenaxe a Álvaro Cunqueiro.

En Haberá primavera, o músico César Morán rende homenaxe ao escritor de Mondoñedo pondo música aos seus poemas. O traballo, editado por Galaxia, está composto por un CD cos poemas musicados e outro no que se fai pública unha entrevista do músico con Cunqueiro apenas uns días antes da súa morte. 

Na presentación que terá lugar no centro Ágora da Coruña, o compositor e músico estará acompañado ao contrabaixo por Alfonso Morán e contará tamén coa inervención de Roberto Somoza co saxo, frauta traveseira e clarinete.

No traballo discográfico, César Morán pon voz aos pomas de Cunqueiro nunha gravación na que se rodea dunha completa banda ademáis de singulares referencias da música galega como a voz de Uxía Senlle.

Comentarios