O Castro da Cidá en Ribeira

O Castro da Cidá/Cidade é un recinto fortificado recentemente incorporado ao corpus de castros galegos, converténdose nun dos enclaves de referencia da arqueoloxía do Barbanza. Ademais da pegada cultural, incorpora valores paisaxísticos de primeira magnitude, pois en realidade tamén é un fantástico miradoiro natural que cativa pola magnitude e beleza da paisaxe. Localizado na parroquia de San Paio de Carreira, en Santa Uxía de Ribeira (O Barbanza), érguese nun grande outeiro a 209 metros de altura que realza a súa presenza na paisaxe. A pesar de estar a menos de 2 km da costa, dominando visualmente as entradas das rías de Arousa e Muros-Noia, non pode tipificarse como un castro costeiro ou marítimo.
Vista aérea do castro coa ría de Arousa ao fondo. (Fotos: Miguel Á. Vidal Lojo) #castro #castros #ribeira #castrodacidá #confíndosverdescastrosevalerosoclan
photo_camera Vista aérea do castro coa ría de Arousa ao fondo. (Fotos: Miguel Á. Vidal Lojo)
Breve historia das intervencións arqueolóxicas importantes Pode dicirse que A Cidá é un castro do século XXI. Un acabado de chegar ao universo castrexo se o comparamos cos castros “clásicos”,…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios