Os Cantos de taberna alegran a cidade de Pontevedra

Como é habitual, cada mes contarase coa colaboración dunha agrupación invitada.
Cantos de Taberna en Pontevedra. (Foto:Asociación Cultural Maravallada)
photo_camera Cantos de Taberna en Pontevedra. (Foto: Asociación Cultural Maravallada)

Os Cantos de Taberna volverán un ano máis á Boa Vila. A cita, de carácter mensual, converteuse ao longo dos últimos anos nun dos programas máis queridos e populares dentro da programación cultural e de ocio, por mor do seu carácter alegre, tradicional e colectivo. 

Así, e como vén sendo habitual, a última sexta feira de cada mes -agás marzo, pola súa coincidencia co Venres Santo—, o público de Pontevedra poderá acudir a dous estabelecementos diferentes co obxectivo de cantar en compañía os clásicos máis populares do país. 

O concelleiro de Cultura de Pontevedra, Demetrio Gómez, explicou que o programa se estenderá desde esta mesma sexta feira, 26 de febreiro, até maio. O edil quixo transmitirlle o seu agradecemento á asociación Maravallada por continuar fomentando e elaborando esta iniciativa, representada este ano na presentación do programa por Manolo Espiño e Mariluz Rodríguez. 

O 23 de febreiro, os Cantos de Taberna visitan 'La Navarra' e o 'Milano de los Mares', nesta ocasión cun grupo procedente do Grove 'Os Firrás'. 
En marzo, o día 22, neste caso adiantado para non coincidir coa Semana Santa, Maravallada estará na 'Gramola' e na 'Adega dos avós' cun grupo que ven do Porriño, 'Fonteliño'. 

E o 26 de abril, de novo a último sexta feira do mes, os Cantos de Taberna reúnense na 'NASA' e no 'Barallocas' cun grupo de canto tradicional de referencia na Galiza, 'Malvela', que veñen de Mos. Para rematar o ciclo, o 31 de maio, un grupo da capital, 'CantanasCroas', estará nos bares 'Balixas' e 'Nasantiña'. 

Comentarios