martes 04/08/20

O caderno 'Aprender' profundiza nos segredos da memoria e dos cometas

O suplemento, que estará dispoñíbel esta cuarta feira xunto co teu Nós Diario nos quiosques e na loja online, ten moitas pezas sobre ciencia. Tamén salienta o acordo da Universidade de Vigo co Concello de Pontevedra para darlle pulo ao galego no campus
Imaxe da reportaxe central do caderno (Foto: Nós Diario)
Imaxe da reportaxe central do caderno (Foto: Nós Diario)

O Caderno ‘Aprender’ complementa o Nós Diario desta cuarta feira cunha capa a tres bandas na que falan Mariló Candedo, Isabel Rebollido e Martin Pawley. O artigo ‘Escola, lingua e futuro’ de Candedo ocupa a sección ‘Eureka’. Nunha peza divulgativa Pawley aboga ‘Por unha ciencia construída en igualdade entre diferentes’.

A doutora en Astrofísica Isabel Rebollido opta por revelar curiosidades da formación dos cometas e da cantidade de auga conxelada que soportar baixo o título ‘Bebemos cometas’.

Terás a oportunidade de ler as reportaxes e os artigos ao completo no suplemento que sae mañá. Estará a venda nos quiosques, librarías, tendas, gasolineiras ou na loja online. Tamén se poderá ler na rede a partir de mañá.

A memoria, a exame

O profesor da facultade de Ciencias da Saúde da UdC Casto Rivadulla encárgase da reportaxe central do ‘Entre liñas’. O tamén investigador do Grupo NEUROcom (CICA-Inibic) reflexiona sobre ‘Os enganos da memoria’, que mestura realidade e invención.

Acompáñao nas páxinas centrais a investigadora do grupo GIR CICA-Inibic e membro de AMIT-Gal, Joana Magalhaes. Ela redacta ‘GenerAnalizando’ dentro da área ‘Reconexión’.

Na sección ‘Quen fai que’ poderás saber que premios recibiron Xabier Fonseca e Jorge Mira e celebrarás a iniciativa da Universidade de Vigo e o Concello de Pontevedra para impulsar o uso do galego no campus.

Suplementos temáticos diarios

O ‘Selfie’ é para o catedrático da Historia de Educación na USC Antón Costa Rico.

O Nós Diario ofréceche os suplementos ‘Coñecer’, ‘Aprender’, ‘Xogar’, ‘Gozar’ e ‘Producir’ publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información do patrimonio, a historia, a arte, a ciencia, a educación ambiental, o ensino, a actividade física, a gastronomía, a enoloxía, os viaxes, os sectores produtivos e as iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de Nós Diario no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel.

comentarios