Boiro é unha localidade costeira de 19 mil habitantes, catro galerías de arte, máis dunha ducia de bandas musicais, moitas delas destacadas no panorama galego e estatal. É o caso de Triángulo de Amor Bizarro, Agoraphobia, The Lákazans, Sonia Lebedynski, Sabela King & The Heartbreakers, Barahúnda e moitos outros.
Este abrollar manifestouse este ano nuns Premios da Música en que Agoraphobia foi nomeada a mellor banda de rock; Sonia Lebedynski a mellor en canción de autor; e a Pousada das Ánimas o mellor local de música ao vivo de Galiza. E non só: Triángulo de Amor Bizarro neste 2017 colleitou importantes premios a nivel estatal, como o de mellor disco do ano, e é unha das principais bandas de rock do momento, sendo cabeza de cartel en multitude de festivais.
E logo está todo o universo The Lákazans, banda de blues que está a xirar por toda a península, con varios grupos que comparten compoñentes e que se moven arredor da música americana, desde o blues até o soul ou o folk, como Andhrea & The Black Cats, Sabela King and The Heartbreakers, Cachas & Cousins e algúns máis.
[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 259, á venda na loxa e nos quiosques habituais]