Monterroso acolle nova edición do Festival Agrocuir

Cartaz do festival Agrocuír
photo_camera Cartaz do festival Agrocuír

XI Feira Rural

San Sadurniño Arboreto galego da Cortiña 31-8-2019

San Sadurniño bota a andar a XI edición da Feira Rural, un evento consolidado como referente en relación a sustentabilidade e a produción alternativa no sector primario. A Feira, a decorrer o sábado 31 de agosto na ribeira do tramo urbano do Xuvia, conta ademais con mercado desde primeira hora da mañá: produtos frescos, alimentos transformados, viveiros de planta e flor, artesanía e artigos de segunda man. No programa de actividades inclúense a tradicional copa de agility canino, concurso da raza Can de Palleiro, iniciación á hípica, paseo en kaiak, obradoiros de cociña para as crianzas e xogos. Ademais, tamén haberá visitas guiadas á horta de conservación de froiteiras Carlos Fornos e ao colmear didáctico xestionado pola AGA-Ferrolterra.

33º Festival da Poesía no Condado

Salvaterra de Miño 31-8-2019

Baixo o lema “Internacionalismo, ternura dos povos”, o sábado 31 de agosto Salvaterra de Minho acolhe a 33º edição do Festival da Poesia no Condado. O evento, organizado pela SCD do Condado, fusiona música e poesia num cartaz de luxo: música ao vivo com SES, Familia Caamagno, Dios Ke Te Crew, Liska, The Lelli Kelly’s, Malvares e Moscoso, Cinta Adhesiva, A tol, Sapoconcho SemPoncho, Flow do toxo, As tres Nebrosas, De Ninghures; e na poesia, as vozes de Xespi, Laura Ramos Cuba, Quico Valeiras, Lara Rozados, Luz Pichel, Xiana Arias, Margarita Ledo, Carlos da Aira e Iolanda Zuñiga. Nesta 33ª edição, a temática escolhida é a solidariedade internacionalista, o que em palavras da poetisa nicaragüense Gioconda Belli chamou a “ternura dos povos”.

Noite europea dos morcegos

Pontevedra Sendeiro do Gafos 31.8.2019 21.00-23.00

No marco do Ponteverán, xornada compartida con especialistas no estudo de morcegos para acompañalos na captura, estudo e explicación das súas características. Previa inscrición.

Nabiza girl

Pontecesures Centro Social 31.8.2019 21.30h

Espectáculo de teatro de Isabel Risco no que encarna Chelo García Naveira, máis coñecida como Nabiza Girl, unha superheroína rural galega con poderes que proveñen do sulfato!

Festival Orixe

Caldas de Reis Xardín botánico de Caldas  Até 31.8.2019

De carácter solidario, pretende reunir a máxima cantidade de alimentos e beneficios para doalos ao Banco Provincial de Alimentos e destinalos ás persoas máis necesitadas.

VI Festival Agrocuir

Monterroso Diversos espazos 30-31.8.2019

Monterroso acolhe uma nova edição do Festival Agrocuir, sobre o pensamento e o debate coletivo à volta das sexualidades. Começa na sexta feira, às 16h no Centro Sociocultural, com a projeção do documentário Noite Irisada, sobre a luta dos coletivos galegos de gais e lesbianas durante as últimas décadas. Continua com palestras, partidos de futebol, ateliês e música com Mounqup, Boyanka Kostova, Omiri, performance de Nelu Vermouth mais Djs.

Festival herDanza

Compostela Diversos espazos  2-7.9.2019

Proxeccións, conversas e espectáculos de danza en espazos públicos conforman a programación deste festival, ao que se suman dous obradoiros de formación, previa inscrición.

Comentarios