A Asociación Galega de Editores critica os recortes para o libro nos orzamentos da Xunta

A Asociación Galega de Editores mostra a súa oposición a uns orzamentos que supoñen unha anova rebaixa para o sector do libro, que acumula unha redución de apoio institucional dun 75% desde 2010.  Menos 440.000 euros e deixan sen apoio á edición de materiais curriculares. 

Libros
photo_camera Libros

“Con preocupación e clara disconformidade”. Así valora a Asociación Galega de Editores as partidas orzamentarias que o goberno galego prevé para o sector do libro no 2014 e que supoñen unha rebaixa de 440.000 euros con respecto ao ano anterior, que xa viña minguando dese o 2010 no que calculan como unha redución acumulada do 75%..

A xunta directiva da AGE fixo pública despois da sesión do 25 de novembro a súa valoración das partidas recollidas no Proxecto de Lei Orzamentaria que continúan na liña de rebaixa para o sector do libro, cunha ha baixada de 440.000 euros que se suma á dos 250.000 da desaparecida orde de axudas á edición de grandes obras, o que, xunto cos recortes en axudas á tradución, edicións de materiais curriculares ou adquisicións de fondos supoñen unha diminución dun 75%. 

O recorte supón 100.000 euros menos para a tradución, 71.540 de baixa para dotación bibliotecaria -partida que se reducira nun 60% no 2010-, menos 100.000 na edición de materiais curriculares, que xa baixara nun 50% anteriormente e queda agora sen apoio institucional, “a pesar da renovación dos materiais didácticos de tres cursos de Educación Primaria, prevista no calendario de implantación da LOMCE”, lamentan desde a AGE. 

“Mentres se recorta en partidas transcendentais para apoiar á cultura do país, outras intranscendentes para a promoción e o coidado da produción cultural, manteñen o seu orzamento inalterábel dende hai máis de catro anos”, valoran na nota de prensa, na que reclaman un “cambio nas políticas culturais e un apoio explícito á edición, como sector estratéxico da cultura de Galicia”. 

Comentarios