Sábado 19 de maio en Ramil, Agolada

A asociación Eira da Xoana celebra “as mulleres nas letras”

O Día das Letras Galegas dedicado a María Victoria Moreno está servindo, tamén, para reivindicar o papel das mulleres na literatura e na cultura. A iso dedicará a asociación Eira da Xoana a xornada do vindeiro sábado, 19 de maio, na súa sede en Ramil (Agolada).
 

foto eira da xoana
photo_camera Imaxe dunha actividade na Eira da Xoana (Ramil, Agolada).

“Mulleres nas letras, na música... na diversidade”, titúlase, e comezará ás 12 da mañá. Participarán escritoras como Iolanda Aldrei, Adela Figueroa, Concha Rousia ou Verónica Martínez. Haberá máusica a cargo de Charabiscas ou a cantautora colombiana Manuela. E teatro, de parte do grupo infantil A Infesta, ou de Cristina Collazo, que intepretará A corva.

Na organización da celebración colaboran a asociación cultural O Galo de Compostela, a agrupcación ecoloxista Adega e mais a Deputación de Pontevedra.

Comentarios