Artistas protagonizan a axenda do Observatorio pola Igualdade

A Axenda Feminista para o ano 2019, elaborada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, dedica a súa edición ás artistas visuais galegas.
 

Presentacion_Axenda_Viveiro-001
photo_camera Detalle da cuberta da Axenda Feminista 2019 do Observatorio da Mariña pola Igualdade. Imaxe: cedida.

Así, cada mes céntrase na “obra, o discurso e a traxectoria de 12 mulleres do panorama artístico galego”. Na propia cuberta da axenda aparecen unha ducia de obras, correspondentes a cada unha das. No interior, as efemérides tratan unicamente de arte feminista e arte feita por mulleres.

Os nomes propios: Ana Gesto (performer e artista visual), Peque Varela (cineasta), Alicia Puchades (mestra de arte e gravadora), Iria Ribadomar (pintora e debuxante), Andrea Costas (desñeadora, fotógrafa e performer), Xulia Vicente (ilustradora de banda deseñada), Renata Otero (artista multidisciplinar), Xoana Almar (ilustradora e muralista), Carmen Granxeiro (creativa visual), Mónica Alonso (artista), Uqui Permui (deseñadora) e Carme Nogueira (artista).

A Axenda Feminista 2019 presentarase esta sexta feira, 21 de decembro, ás oito do serán no complexo artístico Regal Xunqueira. Estará á venda por 14 euros en 16 puntos de toda Galiza.

Comentarios