O Armadiña Rock multiplícase por tres

Terá lugar en Combarro do 26 ao 28 de agosto.

ArmadiñaRockO Festival Armadiña Rock (Combarro) trae esta edición tres días de música, conferencias, teatro de rúa e mesmo sesións vermú. A organización presentou o cartaz que inclúe 14 actuacións musicais, tres actividades teatrais-circenses, unha exposición de fotografía, un coloquio sobre a situación da música galega, unha presentación dun proxecto documental sobre os refuxiados, unha mostra dos mellores curtametraxes da pasada edición do curtas armadiña, un concurso de balcóns e un festival para os mais cativos.

O festival apostou máis un ano pola música do país feita en galego para elixir o abano de artistas que actuarán durante a tripla xornada. Siniestro Total, Banda Basotti, Ses, Terbutalina, Nao, Banda Crebinsky, The Lákazans, Agoraphobia, Tractor Troy, Noite Fechada, Poetarras, Cora Sayers, Fanfarria Taquikardia e Pulpiño Viascón compoñen o elenco do Armadiña Rock inserido, máis un ano dentro da Festa do Mar de Poio organizada pola Concellería de Turismo de Poio. 

Aliás, tamén terá lugar nesas datas o Encontro de Embarcacións Tradicionais organizado pola Asociación A Reiboa. 

Comentarios