Xa o gañara en 2012

Alberto Ramos faise co Premio Risco coa obra "A simetría das bestas"

O xornalista Alberto Ramos recunca como gañador do Premio Risco de Creación Literaria –do Concello de Ourense e da Fundación Vicente Risco– coa obra A simetría das bestas. En 2012 recollera o galardón con Todos os días.

[Imaxe: Facebook] Alberto Ramos
photo_camera [Imaxe: Facebook] Alberto Ramos

Unha obra de “corte filosófico” onde concede “un espazo de dignidade aos outros, aos diferentes, aos marxinados” –en palabras do xurado– deulle ao xornalista e escritor Alberto Ramos o XVII Premio Risco de Creación Literaria. Trátase de A simetría das bestas, que verá a luz en 2018.

O xurado destacou o simbolismo da obra e o “moi bo manexo dos recursos narrativos”, así como a creación de personaxes “moi ben construídas” dadas as “discusións filosóficas”.

O premio consiste en 6 mil euros en metálico e na publicación de 150 exemplares. É a segunda vez que Alberto Ramos se fai con este galardón, pois gañárao en 2012 con Todos os días.

Comentarios