AXENDA

Aí vén a fin de semana e aí van unhas propostas

De Vacas, en concerto no Carballiño.
photo_camera De Vacas, en concerto no Carballiño. (Cedida)

Masculinidades disidentes

A Coruña

AC Alexandre Bóveda

21.11.2019

20 horas

Na quinta feira 21 de novembro, ás 20 horas, Jorge García Marín, profesor de socioloxía e do Máster de Xénero da USC, ofrece unha palestra baixo o título Masculinidades disidentes, dentro do ciclo “Para estar no mapa do mundo”.

Postcrossing

Carballo

Biblioteca Rego da Balsa

23.11.2019

10.30 horas

Carballo será a sede do III Encontro Galego de Postcrossing. A xuntanza, enmarcada no proxecto “Palabras da man ao corazón”, pretende revivir e recuperar as postais e as cartas como medio de comunicación e de conexión social.

70 anos das Conchas

Mugueimes

Gallaecia

23.11.2019

18 horas

Acto de celebraçom do 70º aniversário da inauguraçom das Conchas. Contam com uma mesa redonda moderada por Lisardo Domínguez, na que participam Xosé Constenla, professor de Geografia da Universidade de Vigo no cámpus de Ourense, Manuel Rivero, investigador, Davide Pérez, arqueólogo e Daniel Rodicio, Plataforma Auga Limpa Xa! Ademais, levam Projeçom do documentário do NO-DO de inauguraçom da presa [setembro de 1949]. Projeçom do documentário “O carro e o home” [1940], filmado em Facós, Lobeira, por Antonio Román, com guiom e narraçom de Xaquín Lorenzo “Xocas”.

De vacas

O Carballiño

Auditorio Manuel María

23.11.2019

21 horas

O grupo De Vacas ofrecerá un concerto de versións galegas dun amplo abano de estilos e música, interpretado co humor e ironía que as caracterizan.

Obradoiro

Rianxo

Biblioteca Pública Municipal

22-24.11.2019

17 horas

Henrique Komatsu, autor brasileiro, ofrecerá un obradoiro de literatura, «A escrita como forma de resignificar a realidade», entre o sábado 23 e o domingo 24 de novembro, na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo e na casa de Axóuxere Editora. Tamén ofrecerá a conferencia «O ensaio e a resignificação da realidade», a sexta feira 22 de novembro ás 20 horas na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo.

Clásicos á galega

Compostela

Teatro Principal

24.11.2019

12 horas

Estes “Clásicos á galega” contará coa participación como Suso Vaamonde, músico narrador, e con Casiano Mouriño Maquieira como director, dentro do Ciclo de Outono “En tempo cos ventos”.

Festa da Palabra

Foz

CENIMA

26-28.11.2019

20.30 horas

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza unha nova edición da Festa da Palabra. Nela contarán coa  participación de catro poetas: Eduardo Estevez e Tamara Andrés estarán na terza feira, 26 de novembro; Estíbaliz Espinosa na cuarta feira, 27 de novembro; e Manuel Darriba na quinta feira, 28 de novembro. Todos os encontros serán no CENIMA de Foz ás 20.30 horas.

XIII Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez

Carballo

Pazo da Cultura

Até 1.12.2019

De 17 a 21 horas

A exposición do XIII Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez vén de inaugurarse co afán de servir de estímulo a todas as artistas que seguen apostando pola arte gráfica. A mostra, composta por 30 obras, conta cun amplo abano de artistas, desde o polaco Wieslaw Haladaj coa xilografía “Appearance 22”, o iraní Mehdi Darvishi e “Forma y vacío” até as “Santas (nas) redes” da muxiá Teresa Búa.

Arte Ambulante

San Sadurniño

Casa do Concello

Até 15.12.2019

A Casa do Concello de San Sadurniño vén de inaugurar a exposición Arte Ambulante, unha mostra composta por pezas pictóricas, audiovisuais, fotográficas, escultóricas e de outras que combinan distintas disciplinas artísticas, co obxectivo de representar a creación galega emerxente. Arte Ambulante, iniciativa impulsada pola asociación de artistas A Colectiva, permanecerá na galería municipal até o 15 de decembro.

Comentarios