O filme Vitalina Varela, do realizador Pedro Costa, é o novo representante portugués á categoría de Mellor Filme Estranxeiro, nos Oscar de 2021, informou esta segunda feira a Academia Portuguesa de Cinema.
Esta é a segunda escolla do organismo, despois de Hollywood excluír a candidatura de Listen, de Ana Rocha de Sousa, por non ser maioritariamente falado o filme nunha lingua que non fose o inglés.
Listen, de Ana Rocha de Sousa, fora a primeira escolla da entidade, mais a Academia de Hollywood considerou esa longametraxe non elexíbel ao non cumprir o criterio que esixe que no mínimo 50% do filme presentado sexa falado en lingua non inglesa.
Academia portuguesa tivo que promove votación de emerxencia este fin de semana para nomear outra aspirante.