Que facer?

A música do Desencontro Inimigo, esta fin de semana en Compostela

samesugas
photo_camera Samesugas, esta fin de semana no Desencontro Inimigo

XVII Desencontro Inimigo

Compostela

Diversos espazos 

Sexta feira e sábado

A XVII edición do festival Desencontro Inimigo realizarase desta volta en Compostela con concertos durante toda a fin de semana espallados por diferentes zonas da cidade. Contarán coas actuacións de Sinestesia, Lichis, Zapa!, Samesugas, Mad Martin Trío, Piti Sanz e Os Fuagrases. Ademais tamén haberá xantar de confraternidade, Jam Sesion Enemiga e pinchada de DJ’s. 

Nabiza Girl

Tui 

Centro Cultural San Fins de Rebordáns

Sexta feira

19.00h

Isabel Risco encarna a Nabiza Girl, unha superheroína galega con denominación de orixe protexida e poderes que proveñen do sulfato. Imperdíbel. 

Non hai que ser unha casa para ter pantasmas

Vigo

Teatro Ensalle

Sexta feira.

22.00h

A compañía Prácido Domingo mergulla con esta peza na linguaxe do corpo, na poesía, na danza contemporánea e no teatro máis físico. 

18 Festival Treme a Terra

Pontedeume

Sábado

Homenaxes, palestras e música conforman esta nova edición pola loita antifranquista que se espalla durante o mes de decembro. Como prato forte, o sábado día 9, contarán coas actuacións de Voodoo, Ses, Nao e Rebeliom do Inframundo (na pista polideportiva, ás 21.00h). E para o domingo, día 10, Minifestival para crianzas con Cé Orquestra Pantasma, ás 17.00h na casa da Cultura.

Foliada da Fonsagrada

A Fonsagrada

Sábado

11.00h

Con talleres, feira de artesanía, cantos de taberna, baile tradicional con Lis Latas e concertos de Os Carunchos, Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero, e máis!

Chané na Habana

Redondela

Auditorio da Xunqueira

Sábado.

21.00h

O espectáculo Chané na Habana conta coa voz de Rosa Cedrón que acompaña a Alejandro Vargas Trío, un concerto homenaxe polo centenario do compositor galego.

Ibuprofeno Teatro 

O Carballiño

Auditorio Municipal do Carballiño

Sábado

21.00h

'Raclette' converteuse nunha das obras teatrais máis aplaudidas. Con texto de Santiago Cortegoso, narra dúas tramas durante unha cea, a dramática e a cómica.

Festi=

A Coruña

Varios espazos da cidade

Até 14 de decembro.

O Festival de artes para a inclusión cultural botou a andar para que gocemos da cultura sen barreiras, con obradoiros, mesas redondas, espectáculos musicais e moito máis. 

Comentarios