Cultura

15 medidas contra a crise no sector cultural

Diversas entidades do sector cultural solicitan á Xunta o compromiso urxente para reactivación da cultura na Galiza
O mel non caduca, de Ibuprofeno
photo_camera O mel non caduca, de Ibuprofeno

O pasado 20 de marzo, cun amplo consenso do sector cultural galego, a Xunta recibiu un documento de 15 páxinas cunha serie de propostas "concretas e asumíbeis" para superar estes momentos de crise, que aínda non viu resposta ningunha, após finalizar a rolda contactos sectoriais, algúns deles mesmo "en dúas ocasións", denuncian as entidades asinantes, representativas do conxunto da cultura galega. O único anuncio foi un plan de préstamos do Instituto Galego de Promoción Económica, común para toda a economía. 

  1. Reprogramar o Xacobeo 2020 e 21 para o fortalecemento real da Comunidade Cultural Galega
  2. Crear a ​Receita Cultural ​para garantir o acceso á Cultura de toda a poboación, incluida a máis afectada pola crise económica.
  3. Adaptar todas as convocatorias de subvencións e bolsas culturais á realidade actual.
  4. Compromiso por parte de todas as administracións galegas da execución do 100% do orzamento destinado á programación e actividade cultural no 2020.
  5. Compromiso da non cancelación de ningún proxecto cultural, incluídos os formativos que sexan viábeis online, que xa estaban aprobados.
  6. Ampliar ata marzo 2021 os ciclos de programación 2020 e anticipar un mínimo do 50% dos caché na data prevista inicialmente.
  7. Posibilitar a contratación de actividades e actuacións en streaming e formato audiovisual pregravado.
  8. Novas liñas de axudas para a creación, investigación e preprodución para proxectos futuros nos espectáculos ao vivo e na xestión cultural.
  9. Axudas para publicacións de arte e revistas dixitais para impedir o colapso do sector.
  10. Redefinición do plan estratéxico para o sector cultural a medio prazo, dentro e fóra do país.
  11. Recoñecemento do libro galego como "estratéxico e prioritario"
  12. Reparto equitativo e accións dentro do plan de urxencia de 25 millóns de euros anunciado para o sector “cultural e turístico”.
  13. Implicación da Radio e Televisións de Galicia con múltiples contidos que representen a todo o sector cultural galego nas súas programacións con orzamento definido e específico.
  14. Elaboración dun plan de profesionalización do sector cultural e a loita contra a precariedade
  15. Atención ao colectivo de mulleres do sector da arte contemporánea (tanto de artistas como críticas, galeristas, comisarias…) así como as xestoras culturais e persoal técnico que, unha vez máis, están a ter que conxelar as súas carreiras para asumir os coidados. 

 Consideran ademais fundamental a creación dunha Comisión de segueminto do plan adoptado.

Comentarios