`Queren que non votemos...ou que votemos como españois', neste Sermos nº96

Máis un número de SG saído do forno. Eleccións europeas, lingua galega, represión a traballadoras, unha viaxe polos títeres ou unha mergullada na arte urbana en Bergantiños...Son só algúns dos temas que tratamos. Podes adquirilo aquí

CapaSG96BOA

Xa está o Sermos Galiza nº96 fóra do forno para que o gocedes. Volvemos meter o dente a unha campaña electoral, a das europeas, no que o interese é ben que non votemos ou ben que votemos “como españois”, en palabras do propio Feijóo. Recollemos o máis salientábel do que vai de campaña. E mesmo avanzamos de que vai o famoso 'debate' que vai ter o bipartidismo con si propio.

Co 17 de maio ás portas falamos das manifes que decorrerán nese día e contámosche que é #8f45anos, un HT que está a ferver nas redes sociais en apoio solidario para coas 12 persoas encausadas nun proceso (pídenlles 45 anos!) a raíz da contestación á mobilización de Galicia Bilingüe de 2009.

Naval

Entrevistamios a I. Naveira (do comité de Navantia) para falar do cacarexado contrato do BAM da Armada, falamos con familiares dun preso morto na cadea da Lama cando estaba en illamento. E máis: visitamos O Pindo 8 meses despois do seu arrase polas lapas e gozamos coas iniciativas de arte urbana que se espallan en Bergantiños.

Contamos como o apoio a Tamara e Ana, traballadoras condenadas a 3 anos por participar nun piquete, xa supera as 40.000 sinaturas. Ou das mobilizacións en defensa da sanidade pública. O feliz 90 aniversario do Celta tamén está neste número, así como a actualidade internacional. Unha viaxe a Enciña da Lastra co colectivo Xea, un percorrido polos títeres co festival de Redondela son outros temas que podes atopar.

Xan Carballa

E entrevistamos a Xan Carballa, que vén de dictar un libro de conversas con Xavier Vence. E Mario Regueira fálanos de 'dez, cen, mil..Díaz Castro'. E tamén temos artigos de Xabier Queripo, Aurélio Lópes ou o economista Fernández Mallo. E aínda fica máis: como, por exemplo, a entrevista a Maca Iglesias e Sabela Fernández, mestras no IES de Arzúa.

Distribución do número en Vigo

Aliás, unha incidencia de carácter técnico impediu que o Sermos Galiza nº 96 chegase esta quinta feira con normalidade aos quiosques e ás moradas d@s suscritor@s.

O problema xa está resolvido e o número chegará con normalidade esta sexta feira. Desde Sermos Galiza pedimos desculpas ás persoas afectadas por esta incidencia.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios