mércores 01.04.2020

Sinaturas contra o 'espolio' do patrimonio artístico das antigas caixas

A Federación Galiza Cultura impulsa unha campaña “pola titularidade pública e o desfrute universal”do patrimonio artístico acumulado polas caixas desde mediados do XIX. Chaman a colectivos, entidades, organismos e á cidadanía a se sumar a esta iniciativa.

[Imaxe: SG]
[Imaxe: SG]


'Pola titularidade pública e o desfrute universal do patrimonio artístico das antigas Caixas de Aforro Galegas'. Eis o título da campaña impulsada pola Federación Galiza Cultura (que integra a asociacións culturais galegas). A finalidade, evitar o “espolio” dun patrimonio artístico cun valor incalculábel.Obras de, por citar só uns nomes, Castelao, Seoane, Colmeiro, Laxeiro ou Quessada

As antigas caixas atesouraron “unha colección de obra plástica e de inmóbeis que representan grande parte da nosa creación artístico-cultural desde finais do século XIX até os nosos días”. Unha inmensa riqueza que se pode perder, máis unha vítima do proceso de bancarización e centralización. Así, desde a Fundación indícase que se ben “a declaración destas obras como Ben de Interese Cultural é unha medida positiva, non é suficiente para evitar a súa venda, privatización, disgregación ou saída de Galiza. Así, privatización das caixas galegas pode provocar o espolio e a deslocalización  deste ben propiedade de todo o noso pobo”.

Manifesto

Mediante a campaña de recollida de sinaturas (de colectivos, entidades, cidadáns,...) desde a Federación procuran tres obxectivos: A totalidade do patrimonio artístico das antigas caixas de aforro sexa de titularidade pública. Manter a sede deste patrimonio en Galiza. Garantir a súa visitabilidade e acceso polo público.

Se estás interesado en saber máis ou en participar na camapaña, podes facelo aquí.

comentarios