O barrio de Albeiros, en Lugo, recupera o Cruceiro

O elemento patrimonial que fora eliminado da zona hai máis de 30 anos gardouno unha familia até a súa restauración.
Veciños e veciñas co cruceiro recuperado de Albeiros (Lugo).
photo_camera Veciños e veciñas co cruceiro recuperado de Albeiros (Lugo).

As historias de defensa do noso patrimonio chegan de moitos lugares. Na rúa Albeiros, en Lugo, poden contar a súa. Un cruceiro en pedra foi custodiado durante 30 anos por unha familia, Pepe "O Panadeiro" e Virtudes, no patio da súa casa. Todo comezou cando viron que unhas obras de mellora na rúa do Cruceiro de Albeiros deron coa obra, orixe do nome da rúa, nunha escombreira. Ao ver a desfeita pediron quedar coas pezas coa intención de restauralas algún día. Agora, grazas a  colaboración da Área de Cultura da Deputación e a Área de Infraestruturas e Axenda 21 do Concello de Lugo, o cruceiro volveu ser colocado no barrio. 

Máis en Arte imaxe patrimonio
Comentarios