San Froilán 2012, nove días de festa e 120 actuacións musicais

Os mellores grupos galegos do momento actuarán en Lugo do 4 ao 12 de outubro. Carlos Jean, Siniestro Total, Bigott, Che Sudaka, La Casa Azul, António Zambujo e Vendetta abren a programación.
Antonio Zambujo
photo_camera Antonio Zambujo

Este ano Lugo supérase. Máis de 150 actividades, entre elas 120 actuacións musicais distintas, encherán de festa as rúas de Lugo do 4 ao 12 de outubro. O San Froilán 2012 presenta concertos para todos os gustos. Bigott, actuará o luns 8 na Praza de Santa María co seu rock transgresor; Che Sudaka, o grupo arxentino-colombiano afincado en Barcelona, actuará o día 11 na Horta do Seminario, o escenario principal das festas; La Casa Azul, un dos grupos de moda actualmente, estará o 12 tamén na Horta do Seminario; o cantautor portugués António Zambujo, representante do novo fado portugués, actuará o 12 en Santa María; o grupo de rock galego Siniestro Total, cunha extensa traxectoria de máis de 30 anos, actuará o sábado día 6 cun concerto na Horta do Seminario; e o grupo navarro Vendetta achegará ao público de Lugo o seu carácter alegre e festeiro de ska e punk rock o martes 9 na Praza de Santa María. Estes son algúns dos directos qdo programa deste ano.

O San Froilán 2012 apostou outro ano máis polo grupos galegos

Made in Galiza

O San Froilán 2012 apostou outro ano máis polo grupos galegos. O xoves día 4 as festas abriranse na praza de Santa María, con Leilía, que esta a presentar o seu novo disco, Consentimento. O venres 5, día de San Froilán, actuará a orquestra folk Sondeseu e o domingo das mozas, 7 de outubro, tócalle o turno ao grupo Malvela que ofrecerá un concerto na praza de Santa María.

Tamén o domingo das mozas actuará a cantautora galega Sés na praza do Campo Castelo e para o xoves 11, na praza do Campo Castelo, agardase a actuación do cantautor Emilio Rúa, que presentará o seu novo disco, Interior. Por último o venres 12 de outubro pecharanse as festas na praza do Campo Castelo co concerto da formación ferrolán Víctor Aneiros Blues Band acompañados pola cantante candiense Julie Guravich. 

A programación complétase coas actividades dos grupos e asociacións de Lugo, o día especil do Domingo das mozas, catro festivais de maxia e o San Frolián miúdo.

Máis en Ao vivo
Comentarios