Rock en galego? ao vivo no Galegote de Pontevedra

Só para bandas en galego. Esa é unha das características do Galegote Rok que comeza hoxe día 5 coa festa de presentación organizada polo Concello de Pontevedra. O neno Elliot e Os amigos dos músicos abrirán o cartaz do festival na sala Karma. 

Terbutalina
photo_camera Terbutalina

Que o rock en galego está batendo abonda só con ver as propostas que se fan oco nun panorama musical con grandes problemas de distribución e no que as bandas que cantan na nosa lingua teñen serias dificultades para atopar salas de calidade onde atoparse co seu público. En Pontevedra, animado pola Concellería de Normalización Lingüística, bota a andar hoxe día 5 o Galegote Rock, un festival que ten como un dos seu principios programar aos grupos que empregan a nosa lingua para o rock. 

A festa de presentación será o venres 5 de abril na Sala Karma con O neno Elliot e Os amigos dos músicos e os concertos que compoñen o cartaz desenvolveranse o xoves 11, o venres 12 e o sábado 13. Para o xoves, Pequeno Karma, Roger de Flor e O Marqués das Vinñas ofrecerán un concerto de balde na sala Karma. O día seguinte, venres, Terbutalina, Martelo e Foxy Freire compartirán escenario antes de que na seguinte xornada, o sábado 13, Ataque Escampe e Fervellasverzas poñan fin ao programa do Galegote Rock. Os prezos son baixos tamén para promover a difusión dos grupos de rock galego e así, o abono para a festa de presentación e os concertos é de 12 euros, 8 só para os concertos e 6 o abono por día. A venda anticipada de entradas realizase en  La Casa Winchester, Rei Zentolo, Pequeño Karma e www.entradasgo.com ou www.ticketea.com

A Concellaría de Normalización Lingüística, que dirixeo nacionalista Demetrio Gómez quere con esta iniciativa "achegar a música de calidade en galego ao público habitual dos concertos ao vivo en salas comerciais, así como promocionar os grupos profesionais de ámbito local que cantan na nosa lingua". 

Máis en Ao vivo
Comentarios