VOLVENDO A ESCOITAR...

Barón Rojo: Volumen Brutal

Un dos mellores discos de Heavy que saíu do Estado español.

baron-crop
photo_camera Barón Rojo

O 23 de febreiro de 1982 pasará a historia por ser o día no que viu a luz un dos mellores discos de rock de tódolos tempos. Gravado en Inglaterra, nos estudos de Ian Guillian (Deep Purple) elevou a Barón Rojo ao Olimpo dos deuses do rock.

Editouse unha versión coas letras cantadas en inglés, editado por Kammaflage para Europa, o que levou a Barón as portadas da prensa especializada europea, nun éxito sen precedentes. Esto permitiulles que músicos como Bruce Dickinson (Iron Maiden) ou Michael Schenker (Scorpions) se lanzaran a tocar algún tema como en eles en directo, así como a actuar en locales míticos como o Marquee ou a sala Greyhound ou en FestivaIs como o de Reading onde se daban cita os mellores do hard rock e o heavy metal europeo.

O disco vendeu máis de 2 millóns de copias por todo o mundo e chegou a ser número 1 nas listas británicas, e non podía ser doutro xeito, tendo en conta que o disco inclúe bombazos como “Los Roqueros van al infierno”, “Resistiré”, “Concierto para ellos” ou “Incomunicación”. Tal foi a repercusión internacional da banda que lles ofertaron facer unha xira mundial con Whitesnake, pero por diversos motivos, rexeitaron a oferta, e non xiraron coa banda de Coverdale.

Neste 2015, no que se cumpren 35 anos dende que os irmáns De Castro deixaran Coz e formaran Barón Rojo, podemos comprobar na súa escoita que este é un disco que non envelleceu, sonando fresco e actual como se rematar de saír onte do estudo. Un bo momento para volver a escoitalo a volume brutal, aínda que xa non posúamos as mesmas guedellas que anos atrás.

Listaxe de temas

Cara A

1.­ Incomunicación

2.­ Los roqueros van al infierno

3.­ Dame la oportunidad

4.­ Son como hormigas

5.­ Las flores del mal

Cara B

1.­ Resistiré

2.­ Satánico plan (Volumen brutal)

3.­ Concierto para ellos

4.­ Hermano del Rock & Roll

5.­ El Barón vuela sobre Inglaterra

Baron Rojo nas redes.

Web: www.baronrojo.es

Facebook: www.facebook.com/baronrojo

Twitter: @GrupoBaronRojo

Vídeo: Los Roqueros van al Infierno

http://youtu.be/30ezaF7MH­wz

Máis en Ao vivo
Comentarios