Prisión provisional para un home detido en Lugo como presunto autor dunha agresión sexual

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 2 de Lugo vén de decretar o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza dun home investigado por un delito de agresión sexual, segundo confirmaron fontes xudiciais. Os feitos sucederon durante a fin de semana na cidade amurallada e o investigado foi detido na xornada do domingo pola Policía Nacional.
Un axente e un vehículo da Policía española. (Foto: Policía).
photo_camera Un axente e un vehículo da Policía española. (Foto: Policía).
Comentarios