O Partido Socialista luso, en cabeza de cara ás eleccións parlamentarias adiantadas de marzo

Unha sondaxe publicada hoxe polos xornais Correio da Manhã e Jornal de Negócios coloca o Partido Socialista portugués con 26,4% dos sufraxios, por diante da coalición encabezada polo conservador Partido Social Democrata, con 20,8%. En terceira posición sitúase a ultradereita do Chega con 16,6% dos apoios, e case 15% da poboación aínda non decidiu o voto. Os comicios lexislativos adiantados decorrerán o 10 de marzo.

Pedro Nuno Santos, candidato do Partido Socialista portugués. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Pedro Nuno Santos, candidato do Partido Socialista portugués. (Foto: Nós Diario)
Comentarios