A máscara deixa de ser obrigatoria após a publicación no BOE da orde que pon fin á crise sanitaria

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou esta cuarta feira a Orde SND/726/2023 pola que se dá por finalizada a crise sanitaria ocasionada pola Covid-19 e que pon fin á obrigatoriedade do uso das máscaras en centros de saúde, hospitais, farmacias e centros sociosanitarios. A norma entra en vigor tras a reunión do Consello de Ministros desta terza feira que acordou, ao abeiro do ditame do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, declarar "controlada" a enfermidade xa que, "malia que aínda segue presente, xa non supón unha situación de crise sanitaria", precisou o ministro de Sanidade, José Miñóns.
O uso da máscara en exteriores deixou de ser obriogatorio con carácter xeral a primeiros de febreiro.
photo_camera O uso da máscara en exteriores deixou de ser obriogatorio con carácter xeral a primeiros de febreiro de 2022.
Comentarios