Redacción
31/xan./24 - 16:43
Actualizado: 31/xan./24 - 17:00
Iria Aldegunde leva as 'Memorias dun neno labrego' á linguaxe da banda deseñada
A nova obra de Editorial Galaxia, Memorias dun neno labrego traslada a Balbino, o rapaz de aldea máis famoso da literatura galega, ao mundo da banda deseñada a través das ilustracións da compostelá Iria Aldegunde. O volume, que se presentou onte en Santiago, pon en imaxes ese mundo que Balbino contempla ao seu redor cos ollos moi abertos e que adoece por entender, pois, como el afirma, vimos ao mundo cunha alforxa de preguntas.