Excarcerados e evacuados ao hospital dous ocupantes dun coche que chocou contra varios vehículos estacionados en Ourense

Dúas persoas tiveron que ser excarceradas e logo evacuadas a un hospital tras chocar o coche no que viaxaban con outros turismos estacionados en Ourense, segundo informou o CIAE 112 Galiza. Os feitos ocorreron sobre as 20 horas desta cuarta feira, e foi un particular que presenciou o ocorrido o que avisou a Emerxencias. O accidente tivo lugar na rúa Díaz da Banda, onde un turismo chocou contra varios vehículos aparcados. A testemuña que avisou ao 112 sinalou que podía haber varias persoas atrapadas no interior dun dos coches implicados.

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
photo_camera Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
Comentarios